martes, 30 de noviembre de 2010

A miña primeira semana de prácticas e as TICS

Inicialmente pensei que as TICS non se utilizarían moito, ou polo menos na Educación Infantil, mais deime conta de que, realmente, se empregan dunha maneira distinta a primaria, mais se empregan.

Así pois, por exemplo, cabe destacar da miña primeira semana de prácticas a utilización (agora sí) da pizarra dixital. E non só como retroproxector, senón como parte dunha metodoloxía activa e participativa na dinámica da clase.

A pizarra dixital, polo tanto, utilizouse para que, neste caso, os nenos colorearan os debuxos que aparecían. Mais agora, e de vez en cando, o problema é do ordenador, que se cala ou falla o son de vez en cando. Pero bueno, é moi antigo, dos primeiros portátiles particulares que saíron, creo eu.

Pero non só foi usada como pizarra, senón que tamén se lle proxectaron contos (mediante un DVD) na pizarra. E tamén se volveu utilizar os equipos de música para reproducir a canción do nadal que van cantar e a música na última sesión nos nenos de 3 anos onde a música é utilizada para relaxación e un pouquiño de psicomotricidade.

No caso da clase de 4 anos, o equipo de música utilízase para combinarse con imaxes que a profe ten, casi como se fosen bits e vaise contando un conto, coa voz do reprodutor. Tamén se ensaia co equipo a música para o festival.

E, na clase dos nenos de 5 anos, se lles expón sobre todo cancións de cantajuegos, ademáis dalgunha película e algún corto, no que os nenos interactúan bastante. Como nos outros dous cursos, aquí tamén se ensaia a canción do festival.

En liñas xerais, estas foron as observacións que eu considerei sobre as TICS no centro de prácticas onde me atopo.

martes, 23 de noviembre de 2010

Día 1 e 2 na miña escola de prácticas

Para a realización das prácticas podo dicir que estou nun colexio de infantil e primaria, situado cerca dunha zona costeira. O colexio está entre o monte, Por qué interesa dicir esto? Xa se desvelará o porque, aínda que semella ser sinxelo de intuir.

Nada máis comezar a andanza no colexio, o director do centro recibiume mentres el estaba utilizando o ordenador; mais, a continuación, intentou conectarse a internet mais non puido, xa que segundo me comentou, a cobertura non chega ben ao seu despacho, mentres que, para o despacho das mestras de infantil, internet vai cunha velocidade moderada.

O director, pois, foime ensinando as instalacións e entre todas, as que destacaban por conter novas tecnoloxías eran a biblioteca (onde aos nenos se lles deixa andar no ordenador, incluso proporcionándolle cascos para escoitar a súa música), algunha que outra clase de infantil (onde acababan de recibir algunha que outra pizarra dixital) e, segundo me comentou, a aula de ordenadores, mais a esa só os de primaria teñen acceso; é a chamada SALA DE AUDIOVISUAIS.

Nestos dous días puiden presenciar a instalación da pizarra dixital, mais por agora só funciona como proxector, xa que non atopan as causas de porqué non se pode clicar na pizarra. Aos nenos, póñenlles discos e vídeos, tanto en reproductores de audio como en portátiles (que semellan ser financiados polos centros), pero por agora non teñen un portátil por persoa, nin un ordenador de sobremesa.

Esperarei un pouco máis, para descubrir o que este centro me vai entrañando e se vai desenvolvendo coas NNTT