miércoles, 22 de diciembre de 2010

Crítica ao meu mes de prácticas no centro

A verdade é que un mes non dá para moito; e sobre todo este mes, adicado casi na súa totalidade ás manualidades para o nadal, ou actividades extraescolares que saen un pouco fóra do común.

Pero bueno, ao que sí me dou tempo foi a falar coas compañeiras de clase sobre o uso das TICS na súa escola de prácticas.

¿A miña conclusión? Pois...

  • Cando as TICS xa están integradas no ámbito lexislativo é que se deu un grande paso. Os mestres recoñecen en gran parte que hoxe en día é necesario apoiarse nas NNTT para moitos procesos de ensinanza, cambiando en moitos casos o modelo lineal polo hipertextual.
  • A dispoñibilidade do alumnado ás TICS fainos ver que a miña escola de prácticas está informada e formada sobre as necesidades dos alumnos, achegándoos máis a unha realidade que pronto comezarán a descubir por eles mesmos.
  • Que se acceda á aula de audiovisuais en horario de clase amósanos que as NNTT non se deben utilizar de maneira libertina nin arbitraria, senón que a utilización tutorizada pode dar mellores resultados que os previstos incluso.
  • Que se lles propoña aos mestres que se formen respecto ás NNTT implica que non queren ser analfabetos dixitais, posto que, hoxe en día na ensinanza (e, sobre todo na ensinanza do futuro) se vai a ter que necesitar unha certa competencia dixital para a educación dos xóvenes.
Podería seguir, mais considero que non é necesario. A utilización das TICS no centro no que eu fixen as practicas está medianamente actualizado e preparado para a escola do futuro, considero eu. Espero que, para o ano, cando volva, se poidan mellorar os medios audiovisuais e poida ver xa, a nenos formados mediante a unión de modelos, ensinanzas e realidades tanto como tradicionalmente se leva demandado na escola como agora, coa era dixital.

martes, 21 de diciembre de 2010

Fotos sobre a miña escola de prácticas




Ata o de agora non subira ningunha fotografía das clases de infantil, mais hoxe vouno facer polo feito de que me parecía correcto que as subira todas á vez e falase un pouquiño de cada unha delas.

Cabe dicir que non tiven oportunidade a acudir á sala de audiovisuais xa que, cando esta estaba aberta tiña clase tiña que estar no meu horario de traballo en prácticas, e, respecto á biblioteca, tampouco decidín sacar ningunha foto, xa que, maio
ritariamente están menores sempre nos ordenadores e baixo ningún concepto deben salir as súas caras; no caso de que se borre ou difumine? non saen correctamente os ordenadores.
Por iso, agora, mostrarei os recunchos das aulas infantís que están en contacto coas NNTT.

Clase de 3 anos



Esta é a pizarra dixital que as mestras empregan para que os nenos a utilicen para xogar ou para retroproxectar películas. O ordenador é igual que o da clase de 4 anos. Esta pizarra ten, entre outras cousas uns "rotuladores" mediante os cales esta pizarra pode funcionar a forma de ordenador e o rotulador a forma de rato. A instalación é igual que a feita na clase, mais non en tódolos ordenadores funciona a instalación desta. É moi útil, mais a desventaxa é a lentitude coa que vai o ordenador (posto que é moi vello) e que o proxector non se axusta correctamente e non se pode ver a pantalla na súa totalidade.

Clase de 4 anos


Aquí amósase nesta pequena fotiño o recuncho mais ben adicado a mestres. Tódalas clases dispoñen do mesmo (excepto a pizarra dixital, que é da clase de 3 anos), mais non todos funcionan igualmente.
Os nenos dispoñen dunha radio onde eles poñen a música de relaxación ou escoitan a canción do festival para ensaiar.
O ordenador é de uso para o profesorado. De él sacan a maior parte do material didáctico que os nenos non poderían obter pola vía tradicional. A maiores, tódalas clases teñen unha impresora con copiadora, escáner e fax conectada ao ordenador e así non teñen que saír da clase, o que fai máis cómodo a realización das sesións de clase.

Clase de 5 anos

Esta clase dispón dos mesmos recursos que a de 4 anos, coa vantaxe de que dispón do mellor ordenador de todos e coa desvantaxe de que a copiadora falla ás veces. Así pois, este ordenador ten un uso máis público aos nenos, utilizando tamén como reprodutor de música este obxecto, aínda que tamén teñen reproductor de música. Quizais o malo é que é unha pantalla moi pequena, mais a sorte é que como os nenos están colocados en forma de U poden ver case todos sen ningunha dificultade.


Finalmente quero destacar que tódalas clases dispoñen de rede wifi no centro, polo que en calquera momento se pode acceder a internet, algo tamén realmente cómodo.

Así pois, fáltame a última entrada, a entrada na cal vou facer unha crítica-autovalorativa que a farei mañá sobre o centro.

miércoles, 15 de diciembre de 2010

As TICS na lexislación do meu centro (II)

Canto máis ía descubrindo, máis me ía achegando ao uso que se lles dá as TICS e o que se lles debe dar. A partir da lexislación abrinme camiños pouco a pouco para poder ser crítica coa cohesión que debería haber entre teoría e práctica.

Neste caso, atopei información sobre as TICS, en dous documentos; o Plan Xeral Anual e o Regulamento de Réxime Interno.

A P.X.A (Plan Xeral Anual) expón basicamente o anterior nomeado na Memoria Anual; mais como este documento está creado sobre todo para un futuro, expón sobre todo a grandes trazos cómo será o denominado Proxecto Tic.
Así pois, este proxecto, que ten como obxectivos os mesmos que os expostos no documento anterior, pretende unir aos centros, o profesorado e aos alumnos; é dicir, que se forme unha interrelación entre a comunidade educativa en xeral; moi necesario hoxe en día quizais ter que unir as NNTT e á vez a escola, onde xa comezan a haber alumnos que só se amosan motivados ante textos de modalidade hipertextual.

No caso do R.R.I (Regulamento de Réxime Interno) amósanse os dereitos e deberes dos alumnos. Así pois, na parte dirixida aos dereitos dos alumnos, entre outros amósase a facultade de poder acceder a unha aula de pretecnoloxía e outra de medios audiovisuais, que non só se dará nas propias clases, senón que tamén a maiores, en horario tal como o recreo se dispoña dun tempo (aínda que sexa mínimo no caso da demanda masiva por caso dos nenos) aos medios audiovisuais, principalmente os ordenadores.

É así pois, como atopei o ambiente lexislativo neste centro presentado por agora. Espero subir dentro de pouco tempo fotos que amosen os recunchos adicados ás NNTT no meu centro de prácticas.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

As TICS na lexislación do meu centro (I)

Buscando na lexislación do meu centro, atopei algunha información que é interesante sobre todo para esta asignatura, en canto ás NNTT.

Neste caso, vou falar da miña consulta á Memoria Anual, é dicir, que falarei dos obxectivos xerais e/ou específicos que se acadaron o ano pasado respecto ás TICS. Polo tanto, e, en base a este documento, poderei citar:

En canto aos obxectivos básicos que se quixeron acadar coas TIC podemos falar de:
  • Incorporación das TIC á ensinanza
  • Adquisición de coñecementos e habilidades en canto ás NNTT
  • Chegar a obter unha COMPETENCIA DIXITAL
  • A utilización das TIC como un "recurso máis"
  • Valoración crítica dos medios tecnolóxicos e contextuais sociais actuais.
E, falando xa da consecución de obxectivos, podemos falar dos seguintes que se expuxeron na dita memoria:

  • Integración de novos medios respecto ás TICS nas aulas
  • Facilitar o acceso a internet
  • Utilizar as NNTT para apoiar e reforzar a ensinanza
  • Utilizar o correo electrónico como un medio de comunicación activa e de incidencias
  • O fomento do ordenador con usos de creación, integración, cooperación e expresión.
E, a maiores, na memoria, exponse un proxecto presentado, que foi denegado por mor de ser bolseiros o pasado ano, e co que se pretendían sufragar o custo de ordenadores novos e comezar con clases de mellora de velocidade de escritura. Así poderíase mellorar a accesibilidade ás NNTT, cuxas actividades principais coas TICS que se querían facer foron:

  • 2 horas semanais por curso adicado ás TICS
  • Creación dunha nova aula de informática
  • Cursiño de velocidade de escritura.

martes, 30 de noviembre de 2010

A miña primeira semana de prácticas e as TICS

Inicialmente pensei que as TICS non se utilizarían moito, ou polo menos na Educación Infantil, mais deime conta de que, realmente, se empregan dunha maneira distinta a primaria, mais se empregan.

Así pois, por exemplo, cabe destacar da miña primeira semana de prácticas a utilización (agora sí) da pizarra dixital. E non só como retroproxector, senón como parte dunha metodoloxía activa e participativa na dinámica da clase.

A pizarra dixital, polo tanto, utilizouse para que, neste caso, os nenos colorearan os debuxos que aparecían. Mais agora, e de vez en cando, o problema é do ordenador, que se cala ou falla o son de vez en cando. Pero bueno, é moi antigo, dos primeiros portátiles particulares que saíron, creo eu.

Pero non só foi usada como pizarra, senón que tamén se lle proxectaron contos (mediante un DVD) na pizarra. E tamén se volveu utilizar os equipos de música para reproducir a canción do nadal que van cantar e a música na última sesión nos nenos de 3 anos onde a música é utilizada para relaxación e un pouquiño de psicomotricidade.

No caso da clase de 4 anos, o equipo de música utilízase para combinarse con imaxes que a profe ten, casi como se fosen bits e vaise contando un conto, coa voz do reprodutor. Tamén se ensaia co equipo a música para o festival.

E, na clase dos nenos de 5 anos, se lles expón sobre todo cancións de cantajuegos, ademáis dalgunha película e algún corto, no que os nenos interactúan bastante. Como nos outros dous cursos, aquí tamén se ensaia a canción do festival.

En liñas xerais, estas foron as observacións que eu considerei sobre as TICS no centro de prácticas onde me atopo.

martes, 23 de noviembre de 2010

Día 1 e 2 na miña escola de prácticas

Para a realización das prácticas podo dicir que estou nun colexio de infantil e primaria, situado cerca dunha zona costeira. O colexio está entre o monte, Por qué interesa dicir esto? Xa se desvelará o porque, aínda que semella ser sinxelo de intuir.

Nada máis comezar a andanza no colexio, o director do centro recibiume mentres el estaba utilizando o ordenador; mais, a continuación, intentou conectarse a internet mais non puido, xa que segundo me comentou, a cobertura non chega ben ao seu despacho, mentres que, para o despacho das mestras de infantil, internet vai cunha velocidade moderada.

O director, pois, foime ensinando as instalacións e entre todas, as que destacaban por conter novas tecnoloxías eran a biblioteca (onde aos nenos se lles deixa andar no ordenador, incluso proporcionándolle cascos para escoitar a súa música), algunha que outra clase de infantil (onde acababan de recibir algunha que outra pizarra dixital) e, segundo me comentou, a aula de ordenadores, mais a esa só os de primaria teñen acceso; é a chamada SALA DE AUDIOVISUAIS.

Nestos dous días puiden presenciar a instalación da pizarra dixital, mais por agora só funciona como proxector, xa que non atopan as causas de porqué non se pode clicar na pizarra. Aos nenos, póñenlles discos e vídeos, tanto en reproductores de audio como en portátiles (que semellan ser financiados polos centros), pero por agora non teñen un portátil por persoa, nin un ordenador de sobremesa.

Esperarei un pouco máis, para descubrir o que este centro me vai entrañando e se vai desenvolvendo coas NNTT