martes, 23 de noviembre de 2010

Día 1 e 2 na miña escola de prácticas

Para a realización das prácticas podo dicir que estou nun colexio de infantil e primaria, situado cerca dunha zona costeira. O colexio está entre o monte, Por qué interesa dicir esto? Xa se desvelará o porque, aínda que semella ser sinxelo de intuir.

Nada máis comezar a andanza no colexio, o director do centro recibiume mentres el estaba utilizando o ordenador; mais, a continuación, intentou conectarse a internet mais non puido, xa que segundo me comentou, a cobertura non chega ben ao seu despacho, mentres que, para o despacho das mestras de infantil, internet vai cunha velocidade moderada.

O director, pois, foime ensinando as instalacións e entre todas, as que destacaban por conter novas tecnoloxías eran a biblioteca (onde aos nenos se lles deixa andar no ordenador, incluso proporcionándolle cascos para escoitar a súa música), algunha que outra clase de infantil (onde acababan de recibir algunha que outra pizarra dixital) e, segundo me comentou, a aula de ordenadores, mais a esa só os de primaria teñen acceso; é a chamada SALA DE AUDIOVISUAIS.

Nestos dous días puiden presenciar a instalación da pizarra dixital, mais por agora só funciona como proxector, xa que non atopan as causas de porqué non se pode clicar na pizarra. Aos nenos, póñenlles discos e vídeos, tanto en reproductores de audio como en portátiles (que semellan ser financiados polos centros), pero por agora non teñen un portátil por persoa, nin un ordenador de sobremesa.

Esperarei un pouco máis, para descubrir o que este centro me vai entrañando e se vai desenvolvendo coas NNTT

No hay comentarios:

Publicar un comentario