miércoles, 15 de diciembre de 2010

As TICS na lexislación do meu centro (II)

Canto máis ía descubrindo, máis me ía achegando ao uso que se lles dá as TICS e o que se lles debe dar. A partir da lexislación abrinme camiños pouco a pouco para poder ser crítica coa cohesión que debería haber entre teoría e práctica.

Neste caso, atopei información sobre as TICS, en dous documentos; o Plan Xeral Anual e o Regulamento de Réxime Interno.

A P.X.A (Plan Xeral Anual) expón basicamente o anterior nomeado na Memoria Anual; mais como este documento está creado sobre todo para un futuro, expón sobre todo a grandes trazos cómo será o denominado Proxecto Tic.
Así pois, este proxecto, que ten como obxectivos os mesmos que os expostos no documento anterior, pretende unir aos centros, o profesorado e aos alumnos; é dicir, que se forme unha interrelación entre a comunidade educativa en xeral; moi necesario hoxe en día quizais ter que unir as NNTT e á vez a escola, onde xa comezan a haber alumnos que só se amosan motivados ante textos de modalidade hipertextual.

No caso do R.R.I (Regulamento de Réxime Interno) amósanse os dereitos e deberes dos alumnos. Así pois, na parte dirixida aos dereitos dos alumnos, entre outros amósase a facultade de poder acceder a unha aula de pretecnoloxía e outra de medios audiovisuais, que non só se dará nas propias clases, senón que tamén a maiores, en horario tal como o recreo se dispoña dun tempo (aínda que sexa mínimo no caso da demanda masiva por caso dos nenos) aos medios audiovisuais, principalmente os ordenadores.

É así pois, como atopei o ambiente lexislativo neste centro presentado por agora. Espero subir dentro de pouco tempo fotos que amosen os recunchos adicados ás NNTT no meu centro de prácticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario