martes, 21 de diciembre de 2010

Fotos sobre a miña escola de prácticas




Ata o de agora non subira ningunha fotografía das clases de infantil, mais hoxe vouno facer polo feito de que me parecía correcto que as subira todas á vez e falase un pouquiño de cada unha delas.

Cabe dicir que non tiven oportunidade a acudir á sala de audiovisuais xa que, cando esta estaba aberta tiña clase tiña que estar no meu horario de traballo en prácticas, e, respecto á biblioteca, tampouco decidín sacar ningunha foto, xa que, maio
ritariamente están menores sempre nos ordenadores e baixo ningún concepto deben salir as súas caras; no caso de que se borre ou difumine? non saen correctamente os ordenadores.
Por iso, agora, mostrarei os recunchos das aulas infantís que están en contacto coas NNTT.

Clase de 3 anos



Esta é a pizarra dixital que as mestras empregan para que os nenos a utilicen para xogar ou para retroproxectar películas. O ordenador é igual que o da clase de 4 anos. Esta pizarra ten, entre outras cousas uns "rotuladores" mediante os cales esta pizarra pode funcionar a forma de ordenador e o rotulador a forma de rato. A instalación é igual que a feita na clase, mais non en tódolos ordenadores funciona a instalación desta. É moi útil, mais a desventaxa é a lentitude coa que vai o ordenador (posto que é moi vello) e que o proxector non se axusta correctamente e non se pode ver a pantalla na súa totalidade.

Clase de 4 anos


Aquí amósase nesta pequena fotiño o recuncho mais ben adicado a mestres. Tódalas clases dispoñen do mesmo (excepto a pizarra dixital, que é da clase de 3 anos), mais non todos funcionan igualmente.
Os nenos dispoñen dunha radio onde eles poñen a música de relaxación ou escoitan a canción do festival para ensaiar.
O ordenador é de uso para o profesorado. De él sacan a maior parte do material didáctico que os nenos non poderían obter pola vía tradicional. A maiores, tódalas clases teñen unha impresora con copiadora, escáner e fax conectada ao ordenador e así non teñen que saír da clase, o que fai máis cómodo a realización das sesións de clase.

Clase de 5 anos

Esta clase dispón dos mesmos recursos que a de 4 anos, coa vantaxe de que dispón do mellor ordenador de todos e coa desvantaxe de que a copiadora falla ás veces. Así pois, este ordenador ten un uso máis público aos nenos, utilizando tamén como reprodutor de música este obxecto, aínda que tamén teñen reproductor de música. Quizais o malo é que é unha pantalla moi pequena, mais a sorte é que como os nenos están colocados en forma de U poden ver case todos sen ningunha dificultade.


Finalmente quero destacar que tódalas clases dispoñen de rede wifi no centro, polo que en calquera momento se pode acceder a internet, algo tamén realmente cómodo.

Así pois, fáltame a última entrada, a entrada na cal vou facer unha crítica-autovalorativa que a farei mañá sobre o centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario